sábado, 5 de enero de 2008

Amargura.Rúa da.

Coñécese como rúa da Amargura á rúa que na zona vella de Pontevedra vai dende a fonte de Santa Maria ata a rúa Isabel II,que é a que baixa dende a basílica ata O'Grifón.
Como elementos destacados a rúa ten unha casa con soportais,outra cun balconciño dende o que se pode escoitar música e barullo os dias de troula,un solar pechado cun balado de madeira pintarraxeado por algun artista local e ó final(ou no principio,depende dende onde vaiamos) un gran portalón branco onde os rapaces adoitan expresarse con grafitis e desfogar as suas necesidades fisiolóxicas.O seu unico elemento de mobiliario urban é un contedor verde de lixo que misteriosamente movese dun lado a outro da rúa sen que ninguen de conta del.
Os seus habitantes chamanse amarguros ou amargureiros.

No hay comentarios: