domingo, 2 de marzo de 2008

Patrimonio da Humanidade


Onte acudín a un festival de música que se organizou ós pes da Torre de Hércules co galo de apoia-la súa candidatura coma monumento patrimonio da humanidade.
Actuaban varios grupos,nos chegamos cando estaban a tocar Som do Galpom un grupo de Compostela que fan unha musica a cabalo entre o funky e o hip hop cantando en galego que me sorprendeu e gustou moitísimo,moi recomendables dende logo.O festival rematou coa actuación dos cabezas do cartel o grupo de hip hop barcelonés Solo los solo.
O que de verdade me gustou deste festival foi a situacion do esceario,como vedes(un pouco difusamente iso si) na foto,situáronno de maneira que a homeaxeada(a torre) quedara presidindo o acto e os espectadores a tiveramos sempre presente a carón do esceario.
De verdade que a Torre de Hércules merece esta declaración de Patrimonio da Humanidade pola súa importancia histórica e moitas cousas mais,pero o que máis me gusta deste monumento é a súa presenza e o seu carácter,algo intangibel pero que podes sentir cando te acercas ata alí,co océano tan preto e o son das ondas batendo nas rochas de fondo.

4 comentarios:

O pipeiro dijo...

Sen comentarios acerca da calidade da fotografia.
Sobre a declaración de patrimonio da humanidade, penso (mais obxetivamente ca ti, o non ter relación coa Coruña) que podería acadala polo feito de que é o faro mais antigo do mundo en funcionamento. Coma construcción, da época romana quédalle pouco.

Intentarei escoitar algo de Som do Galpom. Algún outro descobremento musical?

akiestoiyo dijo...

pois arestora estoume metendo no mundo do jazz asi que xa os irei contando neste blog os meus descubrimentos e impresions.

un_trasno dijo...

La foto sí que es un rato difusa...habrá que creerse que es la Torre de Hércules :D
Pero si me piden el voto para ser Patrimonio de la Humanidad,lo tendrán.

Twin dijo...

el mio tambien mi madre es de la coruña y por lo tanto algo de coruñes tengo ajajjajjajajajjaaaa.
Y mis hermanitos todos son de coruña.madre mia estos CORUÑOSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSS