lunes, 16 de mayo de 2011

As millores frases da dobraxe en galego



Tódolos amantes do cinema preferimos ollar sempre as películas na súa linguaxe orixinal, en Versión Orixinal (con o sen subtítulos). Pero os galegos, sempre facemos unha excepción, e son esas xoias de dobraxe a nosa lingua que coa gracia do noso idioma, maila a dos traductores e actores de dobraxe conferen a certas películas o caracter de mítico a súa dobraxe.

E desas míticas dobraxes xurden míticas frases. Grandes exemplos:


Na primeira triloxía da "Guerra das Galaxias":
-Luke, non poñas os carro diante dos bois, dille Yoda a Luke durante o seu adestramento.
-Terma Chewee, que escorrego; Han Solo a Chewbacca no Halcón Milenario.
-Isto non che é como peneirar, meu!; conversa entre Han e Luke sobre o hiperespazo.
-E ti ris, furabolos!; Han Solo a Chewbacca, despois de que Leia rexeitara a Han.

Na serie "Dallas":
-¿Estás bébeda, Sue Ellen?; considerada a mais mítica frase do dobraxe galego.

"Instinto Básico":
-Ti ves unha perrecha e poste tolo.
-¿Cómo, fodiches nela?

"Terminator 2"
-Vai rañala, raparigo; versión do "Sayonara, bay" castelán, o do "Hasta la vista" original.

"Mystic River"
-Fillo do porco, marrán seguro; dito pola persoaxe que interpreta Sean Penn.

"O prezo do poder"
-Róncalle o carallo; di Tony Montana (en castelán foi "hay que joderse")

"Hot Shots 2"
-Escomenzamos a mañá cunha tonada de ana Kiro, di Charlie Sheen

A saga de debuxos de Son Goku "As bolas do dragón"
-Es un pimpim, Son Goku; dille Vexeta
-Voute esnaquizar, verme noxento.

"Pulp Fiction"
-Chámome Purrús, e por moito que latriques desta non sálva-lo cú; di Jules.

"Aberto ata o mencer"
-¿Queres que te coma a perrecha?

Os debuxos de "Shin Chan"
-Cuiño, cuiño

"A casa Rusia"
-Entras nun urinario, poste a falar cun moscovita e cando rematas de abanea-la pirola, amas esa cidade ; por Sean Connery

"O Sarxento de Ferro"
-No coche do meu vello, co depósito cheo, unha man na cona e polo cú un dedo; un dos cánticos.

"Demolition Man"
-Pensei que ía pras patacas; Stallone a Sandra Bullock.

"O silencio dos cordeiros":
-Podo cheirar a tua crica dende eiquí, dille un preso a Jodie Foster.


4 comentarios:

tekilita dijo...

á miña nai moito lle gustou cando lle di Jr a Sue Ellen: "Sue Ellen: es un pendón."

Unha idea dijo...

Para min ademais da de Sue Ellen as mais clásicas son o "quen esnaquizou o espello" de Rocky e o "Estou mallado" de Buck Rogers, hehe

Anónimo dijo...

Na película Distracción Fatal

"Está máis quente que un castrón con tres pirolas"

http://www.imdb.com/video/screenplay/vi890045209/

En Seguíanlle a chamar Trindade (ou na primeira)

"Es un porcallán fedorento e putañeiro. Xa llas pagarás a Madoc."

Anónimo dijo...

Falta cando Higgins lle dixo o bigotes:

"Magnum, seica estás peneque?"