Fai unhas semanas, atopábame esa noite en Santiago, decidín ir tomar algo pola zona vella. Era primeira hora da noite e pensei ir polas zonas onde enganchei as miñas primeiras borracheiras composteláns, as rúas do Franco e A Raíña. Non estivo mal, segue habendo bares de todos os estilos. Pero unha pena quedoume, os mas vellos os van arranxando.
Das tabernas míticas de cuncas de viño ácido de barril, que andaban sobre as 35 pesetas alá polos anos noventa, como tal, como taberna, servindo cuncas, coa decoración de sempre, soamente resiste unha, eso si, a mais mítica (mais incluso que o famoso Orense), e que é, por suposto, O Gato Negro.
Nesta taberna, podes tomar unhas tapas de vicio (recomendo as xoubas); se pides viño te poñen viño do pais nunha cunca. Pero tamén é lugar de copas, de licores... Certamente aún quedan outros en Santiago deste estilo, pero en recunchos escondidos, como se agocharan da xente e os turistas. No centro da zona vella, o que resiste, o que aguanta é esta taberna.
miércoles, 6 de mayo de 2009
Tabernas
Onte lembreime do Gato Negro ó leer unha entrevista a Fernado Tejero e Malena Alterio, que viviron un par de meses en Compostela durante a rodaxe dunha longametraxe; namoráronse da cidade, e sobre todo, do Gato Negro.
Incluso o grupo musical zaragozano Amaral, puxéronlle á súa sala de ensaio O Gato Negro, en lembranza de esta taberna que lles marcou. É de ahi ven o nome do seu último disco (Gato Negro Dragón Rojo)
Dende aquí fago un alegato para que se declaren patrimonio dos galegos as tabernas e os baretos. Na miña Pontevedra, lévase traspasando meses O Cortello; e o edifico onde se atopa o Reixas véndese. Espero, que de cambiar de donos, non cambien nadiña do negocio; ainda que estos sitios nunca deberían cambiar de donos...
Y ésto lo ha escrito... O pipeiro
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Eu engadiria á lista La Navarra tamén en Pontevedra.
Sitios así son,coma ben dis,patrimonio da nosa cultura.
Pena dos anos que pasan e vannos deixando orfos de tabernas....
Diooooos!!! Qué vamos a hacer cuando cierren el Reixas!!!!!!
Por desgracia, teño que engadir o bar/ultramarinos "as vellas" en Cans á lista de tabernas de toda a vida traspasada e reconvertida en un pafeto sen encanto coma hai tantos.
R.I.P.
Publicar un comentario